viernes, 10 de diciembre de 2010

As cancións e a terra

Levamos xa uns días falando da sobreexplotación dos recursos naturais, unha das consecuencias negativas da nosa sociedade de consumo.
Choven as críticas (moi merecidas) a este sistema económico no que vivimos.
Os exemplos que vos poño a continuación son unha desas críticas que de forma artística, neste caso a través da música, denuncian esta situación insostible.


lunes, 29 de noviembre de 2010

A Historia das Cousas: de onde veñen as cousas?


Benvidos á XEOGRAFÍA ECONÓMICA.
Como entrante veremos este pequeno documento sobre o sistema económico actual, o consumo, a globalización e as súas consecuencias.
WebIslam
Versión orixinal subtitulada en español: http://www.storyofstuff.org/international/

martes, 26 de octubre de 2010

Etiopía

Para realizar o traballo sobre un país do mundo podedes tomar como referencia esta pequena presentación en Power Point:
Etiopia
View more presentations from luisquiroga.
Neste enlace atoparedes máis exemplos de referencia.

miércoles, 13 de octubre de 2010

O mar máis grande do mundo

Por extensión a cousa está clara: o mar máis grande do mundo é o Mar de China Meridional con 2.974.600 km2.
2º – Mar Caribe: 2.515.900 km2
3º – Mar Mediterráneo: 2.510.000 km2
4º – Mar de Bering: 2,261,100 km2

Como vedes o Mediterráneo non se queda pequeno. O Mar Medi Terraneum ("mar no medio das terras") é o mar interior máis grande do mundo ao tempo que tamén é o mar coas tasas máis elevadas de hidrocarburos e de contaminación. Atentos a nova, o mar está en perigo!:

Más vídeos en Antena3


lunes, 20 de septiembre de 2010

Podemos erradicar a pobreza antes do 2015?

Erradicar a pobreza antes do ano 2015 a través dos Obxectivos do milenio para o desenvolvemento (ODM) é un reto ao que se comprometeron alá polo ano 2000 case todos os países (195) que conforman a ONU (Organización de Nacións Unidas).
A falta de 5 anos para o 2015 os obxectivos están moi lonxe de ser alcanzados. Por iso unha nova cume da ONU celebrada en New York, que comeza hoxe e que durará 3 días, intentará acordar unha axenda de medidas para lograr que se cumpran.

Unha nova que podedes consultar nos seguintes enlaces:
http://www.rtve.es/noticias/20100919/onu-reune-mundo-para-enderezar-milenio/355200.shtml
http://www.un.org/es/mdg/summit2010/


A selección española de fútbol, La Roja, tamén está cos obxectivos do milenio:



http://www.rtve.es/mediateca/videos/20100916/roja-objetivos-del-milenio/878543.shtml


Informe Semanal: El mayor reto de Naciones Unidas